viernes, 9 de noviembre de 2007

PROGRAMACIÓN 1º SEMESTRE DO 2.008

O Pub o Muiño publica a programación musical para o primeiro semestre do ano 2.008

  • 4 de Xaneiro : Gustavo Almeida&BraSilian Night
  • 1 de Febreiro: Alvaro Muras
  • 29 de Febreiro: Alvaro Vieito Trio
  • 14 de Marzo: Iván & Josito
  • 25 de Abril: Moondogs Blues Party
  • 2 de Maio : Fernado Esclusa
  • 16 de Maio: Coanhadeira
  • 20 de Xuño: O Leo i Arremecághona!

jueves, 8 de noviembre de 2007

GUSTAVO ALMEIDA & BRASILIAN NIGHT no Pub O Muiño

O PUB O MUIÑO dará comenzo o día 4 de Xaneiro con unha serie de concertos ó longo do ano 2.008, incluídos dentro do programa do IGAEM "MUSICA EN VIVO".
O 4 de Xaneiro actuará a partires das 24:00 horas o artista brasileiro GUSTAVO ALMEIDA, nacido en Rio de Janeiro, fillo da cantante brasileira ELLEN DE LIMA . Levou a súa música por tódolos rincóns de Galicia e tamén por Madrid, Logroño, Barcelona, Castilla e León, Asturias, Norte de Portugal, Norte de Italia e por suposto en Río de Janeiro.
Foi telonero de artistas como: Antonio Orozco, Mercedes Peón, Los Secretos, Jarabe de Palo...
Gravou en directo dous discos, LiveI e Live II, facendo un repaso á música brasileira, en novembro do 2.005 saca "Por si me escuchan..."producción composta por temas propios.
Como auténtico brasileiro a versatilidade está presente en tódolos concertos de Gustavo Almeida, pero con unha clara tendencia hacia o Funk con moita influencia brasileira