miércoles, 19 de noviembre de 2008

NORGE BATISTA ACTÚA O VENRES 28 DE NOVEMBRO


Norge Batista Albuerne naceu en Las Tunas, Cuba, o 30 de outubro de 1969. Desde os 13 anos está vinculado ao mundo da música e, especificamente, á canción de autor. É membro dende 1988 da Asociación Hermanos Saiz (AHS), proxecto que agrupa os valores máis novos da cultura cubana. En 1992 foi seleccionado no proxecto nacional da AHS no festival Los Días de la Música en La Habana. En 1998 ingresa na que é considerada por moitos a organización que reúne o máis selecto da cultura cubana, a Unión Nacional de Escritores y Artistas de Cuba UNEAC. Norge ten dous discos editados polo selo español Ayva Música: Búscame adentro, gravado en La Habana en 1997 e producido musicalmente por Eduardo Ramos, quen fora durante moitos anos director musical e baixista do grupo de Pablo Milanés; e Algo crece, gravado en Santiago de Cuba en 2001 e producido musicalmente polo recoñecido cantautor santiagueiro José Aquiles. Ten unha obra relevante dedicada á música para nenos e obtivo premios importantes en festivais realizados en Cuba. Dúas cancións súas, Búscame adentro e Réquiem por la soledad de un ángel aparecen no cuarto volume da Antología de la Nueva Troba Cubana, gravado en 1997 . Outro CD que está á espera de ser editado é Colgado en la pared, gravado en directo en La Habana no espazo La Guitarra Limpia, do Centro Pablo de la Torriente Brau de La Habana Vieja. Neste mesmo escenario Norge participou nun gran concerto en que se incluíron importantes trobadores cubanos da súa xeración. Este concerto foi gravado en directo. O CD xa foi editado polo Centro Pablo de la Torriente Brau co nome de Generación X. Compartiu escenario con importantes artistas cubanos e estranxeiros; podemos citar, entre outros, a Vicente Feliú, Ramiro Gutiérrez, José Áquiles, Alejandro Bernabéu, José Nicolás, Gerardo Alfonso, Raúl Torres, Frank Delgado, Liuba María Evia, o dúo Buena Fe, La Vieja Troba Santiaguera, Elíades Ochoa, o arxentino Rafael Amor, o español Ismael Serrano, o uruguaio Quintín Cabrera, e con case todos os cantautores máis importantes da súa xeración en Cuba. En novembro do ano 2006 participou nun dos dous concertos de homenaxe a Silvio Rodríguez polo seu 60 aniversario no Centro Pablo de la Torrente Brau en La Habana Vieja, en que 40 trobadores cantaron a Silvio as súas cancións. Norge Batista interpretou Sueño con serpientes. Percorreu importantes escenarios de Cuba e España. Tamén estivo a ofrecer concertos en Portugal, Suíza e Bélxica. Actualmente Norge Batista traballa no que será o seu terceiro traballo discográfico. É membro da Sociedade Cultural José Martí. No ano 2006 foille entregada, xunto a varias personalidades da cultura cubana, a medalla polo 20 aniversario da Asociación Hermanos Saiz. Polo seu traballo constante, dedicado xa por case 20 anos á nova troba cubana, foille concedido na súa provincia natal, Las Tunas, onde reside, a condición de Personalidade da Cultura Cubana. Algúns dos escenarios máis importantes en que actuou. En Cuba: Sala Che Guevara de La Casa de Las Américas (La Habana); Teatro Astral (La Habana); Museo Nacional de Bellas Artes (La Habana); Teatro Tunas (Las Tunas); Teatro Eddy Suñol (Holguín); Museo La Periquera (Holguín); Sala Dolores (Santiago de Cuba). Fóra de Cuba: Sala Manuel de Falla (Sede da Sociedad General de Autores y Editores de España, SGAE, Madrid); Teatro Monumental (Madrid); Teatro Principal de Santiago de Compostela; Teatro Principal de Ourense; Teatro Principal de Pontevedra; Teatro Campoamor (Oviedo); Sala Mahatma Gandhi (Xenebra).
Nueva Trova Cubana, cun repertorio baseado na trova cubana de maneira xeral, pasando pola trova tradicional, a nova trova e a novísima trova, onde se inclúe unha selección de temas da propia autoría de Norge Batista (recollidps nos seus dous CD xa editados) e clásicos da trova cubana como Miguel Matamoros, Compay Segundo, Sindo Garay, Silvio Rodríguez e Pablo Milanés, entre outros.

lunes, 17 de noviembre de 2008

O CANTAUTOR SAMUEL LEVÍ NO PUB O MUIÑO O 21 DE NOVEMBRO


O vindeiro 21 de Novembro actuará no Pub O Muíño de Cervo o cantautor Samuel Leví a partires das 24:00 H . Este cantautor comenza de forma autónoma e independiente, na música, no ano 1.997. Ten diversas actuacións en salas de Vigo.Con 20 anos marcha para Madríd, onde prepara a maqueta "Con mis propias manos". No 2004 grava o seu primeiro elepé "Turno de noche", para o que conta con músicos como Paco Dicenta, Diego Pacheco ou Mónica de Nut. Neste traballo o artista demostra o seu caracter independiente e libre. De Madrid vaise para Cuba, entrando en contacto con trobadores cubanos, ademáis de compoñer e actuar en distintos lugares da Cultura Hispanoamericana. Regresa a Madrid e máis tarde a Vigo onde promove proxectos artísticos, colabora en radios e publicacións escritas e mantén un activo calendario de concertos.

lunes, 10 de noviembre de 2008

O MAGO TETO NUNHA NOITE DE MAXIA NO PUB O MUIÑO



O Sábado 15 de Novembro a partires das 24:00 h. o Mago Teto deleitará ós asistentes con 90 minutos de maxia e ilusionismo. Como mago fixo a súa primeira actuación no 1.992 en Viana do Bolo (pobo natal). Entre o ano 92 e 93 coñece o seu mestre: O Mago Antón. No 1.998 estrea o espectáculo "A Maxia dos Soños"onde mestura humor e fantasía. No 1.999 nace un novo proxecto: "A Maxia da Santa Compaña"show onde a maxia máis sorprendente é combinada coa tradición e a cultura galega.No 2.002 saca un novo espectáculo chamado : "Preto de tí" especial para grupos reducidos. No 2.003 prepara o show "Tolemaxias", o máis tolo nunca antes presentado, dirixido principalmente a ceas de empresa e cafés - concerto. No 2.005 nace "15 anos de Tolemaxias". Ademáis conta con innumerables actuacións en festivais e certames de maxia ó longo deste tempo.


Nos seus espectáculos pretende manter ese soño de ilusión e sorprender , emocionar e transmitir alegría ás persoas grazas á maxia.