lunes, 1 de junio de 2009

GURU DEVA ACTÚA NO PUB O MUIÑO O VENRES 19 DE XUÑO


O VENRES 19 DE XUÑO A PARTIRES DAS 24,00 H. ACTUARÁ NO PUB O MUIÑO DE CERVO O GRUPO CORUÑÉS GURU DEVA.

Tras case seis anos despois do seu debut discográfico (After All, Rock Indiana, 2003), o grupo galego Guru Deva reaparece na escena musical con Vago, un traballo que revitaliza o pop nacional a través de 11 cancións novas e que estará á venda o próximo inverno. Aires pausados, respiración repousada e tranquilidade absoluta é o que se deixa entrever nesta nova aposta de Guru Deva que leva por título Vago. Gravado nos estudios Mobillete por Astray (Bummer) na produción, na localidade de Cecebre, a 20 kilómetros da Coruña, o disco rezuma sensibilidade e bo facer destes catro mozos herculinos, ademais de estar masterizado en Metromastering, por Saul Patiño. A cotidianiedade, os problemas e vivencias personais e a lírica da tristeza dan cabida a fortes emocións neste álbum sinceiro no que o mundo se para e é cando xorde a necesidade de facer cancións, de dar paso á música. Esa é a concepción de Vago para estes gurús do pop.
Guru Deva nace na Coruña en 2001. En setembro dese ano gravan a súa primeira demo en colaboración con Xoel López (Deluxe). O tema My soul huts more than yours aparece en varios programas de radio e convírtese en punta de lanza da banda. Na súa xira de 2002 presenta o seu debut en varios festivais con grande éxito. Son preseleccionados en Demo2002 de Radio3 e no FIB. A finais dese ano comeza a gravación do seu esperado disco debut, nos estudios Bonham de A Coruña, disco que saíu a finais de 2003 co selo madrileño Rock Indiana. A súa xira de presentación coincide en Galicia coa de Deluxe, a quén acompañan; obteñen o premio como segundo grupo nacional no prestixioso certame Villa de Bilbao e percorren palmo a palmo a península en busca do recoñecemento que se merecen. Por outra parte, “o revival é a receta para esquecer o presente”; dío Félix Arias, alma máter de Guru Deva, compoñente tamén de Lovely Luna, o dúo que comparte con Xoel López (Deluxe). Mecha, ex batería de Os Maruxa, Fernando Esclusa, integrante do trío Los Mecánicos e ex Inspector Clousseau e David González, ex baixista de Maguila e de Revolujoin compoñen este grupo bautizado con dúas palabras do retrouso de Across de Universe de The Beatles. Un nome poético para recuperar sons dos 60 e que constitúe a resposta española a grupos como Ocean Colour Scene ou os máis dinámicos Coldplay.