lunes, 1 de diciembre de 2008

DORIAN GRAY EN CERVO O 27 DE DECEMBRO


O sábado 27 de Decembro actuación do grupo Dorian Gray a partires das 24:00 horas. Este grupo nace en Vigo na primavera de 2005. Ao cumprirse un ano de estar xuntos, Jaime, Luis, Adrián e Nacho xa teñen unha hora e cuarto de repertorio (entre temas propios e unha versión) e deciden que xa é hora de tocar en directo para coñecer a resposta do público a un estilo de música único. En poucos meses acumulan concertos nos sitios máis destacados de influencia jazz, como o Manteca (en Vigo) e o Night&Day (en Pontevedra), pero tamén tocan no Casino Club de Sabarís e nunha ocasión nun evento multitudinario para o Concello de Cangas, ademais doutros locais da provincia.
Teñen máis ou menos unha hora e cuarto de repertorio (entre temas propios e versións) cun, cremos, estilo de música único, debido á cantidade de influencias que o forman. No estilo "propio" de Dorian Gray destaca o Jazz, o Rock e o Funk.

DIEGO MASSIMINI EN CERVO

O 19 de Decembro actuará Diego Massimini no Pub O Muiño de Cervo a partires das 24:00H.
Músico, cantante, compositor e arranxista arxentino, chega a España a principios dos anos noventa despois de percorrer algúns países latinoamericanos traballando para o Movimiento Cultural Jenecherú (Fuego que nunca se apaga), da cidade de Santa Cruz de la Sierra, Bolivia. Instálase en Canarias, onde traballa como docente nos chamados talleres de cancións, en que imparte clases de composición e harmonía moderna.Tamén participa na gravación de catro proxectos de artistas locais. Forma as agrupacións Diego Massimini Brazilian Quartet e Diego Massimini Brazilian Quintet, coas que participa en festivais en Las Palmas de Gran Canaria, Tenerife, Amberes e Aveiro. Integra a banda do músico venezolano Larry Jean Louis e comparte escenario co batería americano Dave Wkel, no Festival de Jazz Internacional de Canarias. Como solista comparte escenario con Alejandro Filio, Ismael Serrano, Luís Pastor, Fito Paez, La Fábula, Juan Carlos Baglietto, León Greco, Rogelio Botanz, Paco Ibáñez, La Habana Abierta, entre outros.A súa música está relacionada directamente coas influencias do jazz, o tango, a bossa nova e os ritmos folclóricos latinoamericanos.
Ademais das súas propias cancións, fai un repaso pola música latinoamericana, tangos, bossa nova, candombe, valses peruanos...

ACTUACIÓN DO MAGO ANTÓN NO PUB O MUIÑO


O sábado 6 de Decembro actuación do MAGO ANTÓN a partires das 24:00 H. O espectáculo é de comunicación e maxia pensado pas as distancias cortas. Vai facer que esa noite sexa unha noite chea de sorpresas, de risas e de emoción.

TONHITO DE POI E RASA LOBA NO PUB O MUIÑO


O venres 5 de Decembro actuará Tonhito de Poi e Rasa Loba no Pub O Muíño a partires das 24:00 h. A historia comeza con Heedeiros da Crus, sigue coa Banda de Poi e agora Tonhito de Poi en assión, acompañado de guitarra , baixo e batería ven a facer o seu show.


Rasa Loba é unha manada de cans Galaico-Portugueses que sobreviven no monte. Son uns fillos de Paz e Amor, de risa, de mentira, de maravilla ... do INSTINTO.“Destacamos en comer ovellas negras”.O mesmo instinto explotou num disco em directo, analógico, petado de momentos irrepetíveis. Como o primeiro de tudo é o leite, o tema "Leite" é o primeiro single para expor a rasa deste disco! Lambetadas e Lambidelas dos Rasa loba.
Rock "instinto"