domingo, 13 de diciembre de 2009

ATAQUE ESCAMPE ACTUA O VENRES 18 NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O VINDEIRO VENRES 18 DE DECEMBRO ACTUARÁ NO PUB O MUIÑO DE CERVO O GRUPO SANTIAGUÉS "ATAQUE ESCAMPE"
As Ataque Escampe gostamos de nos definir como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela ofrecemos unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, estendendo estraños tentáculos que rozasen, por exemplo, a Xil Ríos. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros, dende o bolero ao punk, pasando polo valse, o tango, a canción popular galega, o pop electrónico, o country ou a rumba. O funcionamento como grupo sen destacar autorías, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a nosa filosofía: o "do it yourself" máis brutal, poético e desvergonzado que poida caber nun formato maioritariamente acústico.
Este grupo ten o seguinte historial:Xullo 2006: 1º premio Utopía Son(Vigo). Xaneiro-decembro 2007: Participación na Rede Galega de Música ao Vivo do IGAEM, categoría A. Xaneiro 2007: Edición do cd Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (A Regueifa Plataforma) baixo licenza Creative Commons. Febreiro-xullo 2007: Emisión de temas do cd en diversos programas da Radio Galega: Aberto por reformas, Extrarradio, Radio Oceánica, Diario Cultural etc. Maio- Xuño 2007: Participación no concerto Saudade de ti, de homenaxe a Andrés Dobarro (TVG), e no disco Manifesto Dobarrista (Falcatruada-A Regueifa) co tema Pra che falar de amor. Participación. Xuño-xullo 2007: Emisión dese tema nos programas antes citados e noutros espazos: Miraxes (TVG), Siglo XXI (RNE-3), etc. Outubro 2007: 1º premio GZ-Crea na sección de música. Decembro 2007: 4º mellor disco do ano segundo os lectores da revista Sono-tone. Xaneiro-decembro 2008: Participación na II Rede Galega de Música ao Vivo do IGAEM. Marzo 2008: edición do cd Galicia es una mierda (A Regueifa Discos). Xira Bela Lugosi: marzo-decembro 2007. Xira A invención da pólvora: marzo-decembro 2008. Xaneiro 2009: Galicia es una mierda quinto mellor disco galego do ano para os lectores de Xornal de Galicia.
Este concerto entra dentro da programación de Pub o Muiño coa rede de Música ao Vivo do AGADIC .

lunes, 30 de noviembre de 2009

SABADO 5 DE DECEMBRO "O GRAN TONHITO DE POI" NO PUB O MUIÑO DE CERVO

O sábado 5 de decembro a partires das 24:;00H.gran concerto de TONHITO DE POI. Lembraranos e deleitaranos con grandes temas que ten interpretado con Herdeiros da Crus e un sinfin de temas del mesmo.

martes, 24 de noviembre de 2009

VENRES 4 DE DECEMBRO ""LOS MARCIANOS" NO PUB O MUIÑO



O venres 4 de Decembro actuará no pub O Muiño de Cervo o grupo musical vigués "Los Marcianos".O grupo fórmase en Vigo a primeiros do ano 2006, aínda que a historia dos seus compoñentes xa ven de atrás. Ibán González (Guitarra e voz) forma a finais dos 90 unha banda que se chamaba "El nombre es lo de Menos", coa que estiveron a punto de firmar importantes contratos con discográficas grandes, contando como productor con Pedro González (Semen Up, Spiritu 96) Tamén conseguen tocar por toda España e actuar en programas de ámbito galego como "Luar" da TVG. Tras a disolución de "El nombre es lo de Menos", Ibán decide montar unha nova banda xunto a Dani (Baixo) e Victor (Batería) a principios do 2006, gravan unha maqueta e nese mesmo ano comezan a tocar por toda Galicia. En novembro, quedan finalistas do concurso NovaxoveMusic, actuando na sala Capitol xunto as bandas "Stereotipos", "The blows" e "Cornelius". En xaneiro do 2007 presentase en Madrid na sala "Juglar" tocando xunto os locais Galga Madre. No seu haber, tamén consta o compoñer e interpretar o himno do Nigrán CF, o club de fútbol da vila galega. Tras máis de 50 concertos, entran nos Océano estudios en xuño 2008 para gravar o seu primer single, baixo a producción de Javier Abreu, titulado "Por la baranda". Esta actuación entra dentro da programación de Música ao vivo do Agadic en colaboración co Pub O Muiño de Cervo.

jueves, 12 de noviembre de 2009

SOJAZZ NO PUB O MUIÑO O 20 DE NOVEMBRO


O venres 20 de Novembro a partires das 24:00H. concerto musical a cargo de do grupo SOJAZZ . Grupo de nova formación pero con compoñentes coñecidos na escena do jazz Galego como Pablo Estelles, Jorge del Río, Raul Lorenzo, Mario Agulla e Antón Bello.
Todos eles tocaron en moitas outras formacións ata que coincidiron neste novo proxecto que recrea o jazz tradicional dende unha perspectiva actual.
Repertorio de jazz e temas propios que abrangue todolos estilos, swing, bop, funk.

Eswte concerto entlra dentro dos concertos de Música ao vivo .

lunes, 26 de octubre de 2009

DIA DOS MORTOS : SAMAÍN NO PUB O MUIÑO

O sábado 31 de Outubro celebrarase no Pub O Muiño de Cervo o Samaín coa Noite dos Mortos actuando os grupos SEN BERCE DE LUGO e TORQUES DE BURELA.Noite de sorpresas

viernes, 23 de octubre de 2009

HECTOR LORENZO ACTÚA NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O Vindeiro venres 30 de Outubro actuará no Pub O Muiño de Cervo a prtires das 24:00H. o cantautor compostelán HECTOR LORENZO: Guitarrista e cantante compostelán que colabora con distintos músicos galegos como Quim Farinha, Carmen Dor, Pablo Seoane ou Uxía. Tamén toca coa cantante Najla Shami, e prepara un traballo conxunto que verá a luz proximamente.
Música da súa autoría en galego, bossa nova e jazz vocal. Este concerto entra dentro da programación de Música ao vivo.

domingo, 6 de septiembre de 2009

MUSQUIOUS ACTUA NO PUB O MUIÑO


O venres 18 de setembro actuará no Pub O Muiño de Cervo o grupo ferrolano MISQUIOUS a partires das 24,00 H.
Misquious é un grupo de música de Ferrolterra que naceu en 2004 como prolongación doutra banda chamada a nev diva baixo a que se autoeditaron tres traballos: Ephemera (1996), a nev diva (1998) e 2001 (2001) e que recibiu a atención do selo Subterfuge para publicar un dos seus temas ("Poor Yorick"). Misquious saca á luz o seu primeiro traballo autoproducido en 2006 con bases electrónicas, influencias pop, guitarras noise e algún que outro toque trip-hop. Así mesmo, editouse un single en vinilo de 45 r.p.m. con dous temas inéditos que foi distribuído pola asociación ferrolá La Fonográfica General. Ademais colaborou cunha versión da canción Adeus, Adeus no disco tributo a Andres Dobarro editado por Falcatruada en 2008.
Actualmente a banda abandonou as bases electrónicas para centrarse nun son máis duro. O grupo está formada por catro membros: Amelio Rossi, batería; Arturas Filvit, baixo; Henri Chocolat, guitarra e teclados. Archibald Losenrú, voz e guitarra.
Esta actuación entra dentro da programación de Musica ao Vivo.

jueves, 3 de septiembre de 2009

ACTUACIÓN DE CHAMITO "EL FLACO"


O Venres 4 de Setembro volven as actuacións en colabaración co AGADIC, no Pub O Muiño de Cervo. Nesta ocasión presentase en actuación a CHAMITO "EL FLACO", A PARTIRES DAS 24,00H. Guitarrista, cantante, compositor hispano-venezolano, é funk mestizo, en directo é eléctrico, sólido, atrevido e incansable, unha xoia!
Dándoo todo!

jueves, 30 de julio de 2009

XIX ANIVERSARIO DO PUB O MUIÑO


Na celebración do XIX Aniversario do Pub O Muiño de Cervo que se levará a cabo os días 31 de Xullo e 1 de Agosto terá o seguinte programa de actuacións:

DÍA 31 DE XULLO: A partires das 1:00H actuación do contacontos :

PALMO GITANO DE LA PERLA NEGRA "ALIAS POLI MARINHO "

A Continuación "QUEIMADA " exconxurada por NANDO


DIA 1 DE AGOSTO: Actuación do grupo santiagués

SNATCH

lunes, 1 de junio de 2009

GURU DEVA ACTÚA NO PUB O MUIÑO O VENRES 19 DE XUÑO


O VENRES 19 DE XUÑO A PARTIRES DAS 24,00 H. ACTUARÁ NO PUB O MUIÑO DE CERVO O GRUPO CORUÑÉS GURU DEVA.

Tras case seis anos despois do seu debut discográfico (After All, Rock Indiana, 2003), o grupo galego Guru Deva reaparece na escena musical con Vago, un traballo que revitaliza o pop nacional a través de 11 cancións novas e que estará á venda o próximo inverno. Aires pausados, respiración repousada e tranquilidade absoluta é o que se deixa entrever nesta nova aposta de Guru Deva que leva por título Vago. Gravado nos estudios Mobillete por Astray (Bummer) na produción, na localidade de Cecebre, a 20 kilómetros da Coruña, o disco rezuma sensibilidade e bo facer destes catro mozos herculinos, ademais de estar masterizado en Metromastering, por Saul Patiño. A cotidianiedade, os problemas e vivencias personais e a lírica da tristeza dan cabida a fortes emocións neste álbum sinceiro no que o mundo se para e é cando xorde a necesidade de facer cancións, de dar paso á música. Esa é a concepción de Vago para estes gurús do pop.
Guru Deva nace na Coruña en 2001. En setembro dese ano gravan a súa primeira demo en colaboración con Xoel López (Deluxe). O tema My soul huts more than yours aparece en varios programas de radio e convírtese en punta de lanza da banda. Na súa xira de 2002 presenta o seu debut en varios festivais con grande éxito. Son preseleccionados en Demo2002 de Radio3 e no FIB. A finais dese ano comeza a gravación do seu esperado disco debut, nos estudios Bonham de A Coruña, disco que saíu a finais de 2003 co selo madrileño Rock Indiana. A súa xira de presentación coincide en Galicia coa de Deluxe, a quén acompañan; obteñen o premio como segundo grupo nacional no prestixioso certame Villa de Bilbao e percorren palmo a palmo a península en busca do recoñecemento que se merecen. Por outra parte, “o revival é a receta para esquecer o presente”; dío Félix Arias, alma máter de Guru Deva, compoñente tamén de Lovely Luna, o dúo que comparte con Xoel López (Deluxe). Mecha, ex batería de Os Maruxa, Fernando Esclusa, integrante do trío Los Mecánicos e ex Inspector Clousseau e David González, ex baixista de Maguila e de Revolujoin compoñen este grupo bautizado con dúas palabras do retrouso de Across de Universe de The Beatles. Un nome poético para recuperar sons dos 60 e que constitúe a resposta española a grupos como Ocean Colour Scene ou os máis dinámicos Coldplay.

jueves, 14 de mayo de 2009

ALEJANDRA BURGOS NO PUB O MUIÑO


Naceu en 1983, en Arxentina, é unha cantante e guitarrista que coa súa música percorre estilos como o Blues, Country Blues e Rockabilly. As súas influencias artísticas son Elvis Presley, The Beatles, Janis Martin, Koko Taylor, Bessie Smith, Memphis Minnie, Etta James, Ruth Brown, Big Mama Thortom, Aretha Franklyn, Janis Joplin, Bonnie Raitt, Bonnie Tyler, Crystal Gayle, Wanda Jackson, Brenda Le. Desde os oito anos, e con gran influencia do seu pai, comezou o seu amor pola música. Estudou percusión, guitarra e canto en Belas Artes e o Conservatorio Roma. Deu as súas primeiras presentacións participando en distintos festivais e eventos, cara aos 16, xunto a diferentes bandas de Rock e Blues. Formou parte das Beladies, unha banda coa que percorreu gran parte da Arxentina e coa cal realizou numerosas presentacións en Buenos Aires. Seguiu os seus estudos de composición na Universidade Nacional de Quilmes a carreira de Composición con medios electroacústicos e na Escola de Música Popular de Avellaneda. Con 21 anos de idade integrou unha banda de country feminino, Ángeles del Arcángel, con quen, logo de varias presentacións, participou do Festival Country 2005 de San Pedro, onde foron revelación. Xa cunha nutrida experiencia en escenarios, aos seus 22 anos, acompañou na súa xira a Gabriel Gratzer, un dos músicos arxentinos máis destacados do Country-Blues, con quen participou de festivais nacionais e internacionais de Country e Jazz, como foi o Festival de Vila Gesell, Pinamar e Santiago de Chile no Teatro A Raíña. Hoxe, continúa estudando e traballando no seu proxecto como solista acompañada da súa banda de Blues, Country

jueves, 23 de abril de 2009

VENRES 1 DE MAIO ACTUACIÓN DE "FABULOSOS CUBATAS DE FOCKINK BROTHERS


O Venres 1 de Maio concerto de FABULOSOS CUBATAS DE FOCKINK BROTHERS no Pub O Muiño de Cervo.Este concerto esta dentro dos circuitos de Musica ao vivo do Agadic (Xunta de Galicia). Este grupo está formado por Eduardo Hermida (pintor, ilustrador e axitador cultural ferrolán) e Pepe Doré (ex-Los Doré, músico versátil coruñés que tanto compón música para teatro, series de TV, como acompaña a Uxía Senlle, etc.) forman os FCFB no ano 2000. Con este espectáculo levan percorrida practicamente toda España, onde fixeron máis de 400 concertos.
Proposta musical:
Un espectáculo musical onde a crítica social e a música se dan a man coa intención primeira de provocar o riso no público, para máis tarde levar mesmo á reflexión, todo isto nun formato que poderiamos chamar como "cabaret irreverente para o século XXXI".

miércoles, 22 de abril de 2009

BUKOWSKI BLUES TRIO ACTUA NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O VINDEIRO VENRES 24 DE ABRIL ACTUACION DE BUKOWSKI BLUES TRIO NO PUB O MUIÑO DE CERVO

Actualmente Bukowski Trío? preséntase como cuarteto: batería, baixo, guitarra e harmónica. Ofrece un directo diferente, divertido e contundente no que caben tanto versións de clásicos do blues como temas propios. O repertorio inclúe versión libres e moi persoais de Hendrix, Cream, Stevie Ray Vaughan, Ray Charles... O gusto polo rock, o funk e o blues queda patente nas actuacións de Bukowski Trío? ante as que ninguén permanece indiferente. A diversión e o baile están sempre presentes.
ACTUALIZACIÓN DECEMBRO 2008 Somersault é o primeiro lanzamento de Bukowski blues trio?. Trátase dun paso natural para unha banda que nos últimos 3 anos embarcouse nunha actividade incesante, maquetas, concertos, festivais... Somersault é unha pequexa mostra do que a banda realiza sobre o escenario: trátase dun EP totalmente autoproducido: desde a gravación, no local de ensaio e con medios propios, pasando polo deseño gráfico, ata a edición e publicación (contando cos servicios do selo PSM MUSIC) Somersault supón un xiro no son e un novo paso na evolución da banda, onde se reflexa a influencia do son funk dos 70, mantendo o característico sabor anello a blues-rock que a banda imprime ao seu directo. Tres versións (incriblemente persoais) e dous temas propios (+bonus) compoñen esta carta de presentación dunha banda que nunca esquece o blues no seu repertorio.

sábado, 11 de abril de 2009

ACTUACIÓN DO GRUPO BURELÉS "TORQUES" NO PUB O MUIÑO DE CERVO

O sábado 11 de Abril a partires das 24:00H. actuará no Pub O Muiño de Cervo o grupo burelés TORQUES .Este grupo formado por Lorenzo García (baixo), Ismael Iglesias (guitarra solista), Xoel Mon (guitarra), Luis Otero (voz) e Hector Gavín (batería), deleitarannos co concerto con temas de metalcore.

jueves, 2 de abril de 2009


ACTUACIÓN DO GRUPO VIGUÉS DEVA ,O VENRES 3 DE ABRIL NO PUB O MUIÑO DE CERVO.

Deva créase en 2007 como un proxecto de Pop Alternativo en castelán con matices electrónicos a partir da reconversión de estilo da anterior banda viguesa City Banshee. En xaneiro de 2007 a banda traballa con Pedro Luís Martínez, mestre de jazz e membro da Real Academia da Música, estudando durante meses harmonías, percusión e voces para conseguir un son máis maduro e compacto ademáis dunha base de batería e baixo máis adaptada á introdución de bases e efectos dixitais. Realízase un esforzo intenso para compor novos temas durante a época de aprendizaxe e reconverter algúns da anterior etapa. En maio de 2007 e tras a marcha a Madrid de Pedro Luís Martínez exponse a gravación de catro temas nos estudos Mix Plus (Vigo). Inícianse entón reunións con Anxo Bautista (Killer Barbies, Pacífico, Kannon) para que exerza como produtor e editor do proxecto. Anxo ofrécenos un punto de vista máis bailable para o single "Rotación" e con máis pegada para os demais cortes que convence dunha forma extraordinaria á banda. Adícase un mes máis de ensaios á nova disposición e éntrase en estudo en xuño. Por fin en setembro deste mesmo ano mestúrase e masteriza a primeira demo como Deva que se presenta en concerto e concursos o mesmo Outubro.

domingo, 15 de marzo de 2009

VENRES20 DE MARZO ACTUACIÓN DO GRUPO 7 PUERTAS NO PUB O MUIÑO DE CERVO


7 puertas nace en 2002, cando a Santiago Martínez Gende (bateria), Josafat Pardo (guitarra) e Ivan Rodriguez (baixo), que procedían doutras formacións locais, únenselles Hugo Pardo (guitarra) e Sergio Ramos (voz) completando así a formación. Nun principio só coa intención de divertirse tocando versións dos seus grupos favoritos, asi chegan a 2003 en que xa dispoñen dun bo repertorio de versións e algun que outro tema propio, que foron xurdindo ao longo deste tempo e comezan a dar os seus primeiros concertos pola zona, para empezar a rodar a formacion. Desta forma chegan a 2005, en que gravan unha primeira maqueta con 5 temas, que presentasen ao longo do ano nunha pequena xira por salas de toda galicia, que remata actuando no Playa Club da Coruña ante máis de 200 seguidores. Durante 2006 continúan compondo temas e dando algun que outro concerto para non perder o ritmo de directo, a finais de ano saen gañadores dun concurso no que teñen que medirse en directo a outros 11 grupos da provincia. En 2007 gravan o seu primeiro disco "Hasta el final" nos "Estudios Bonham" da Coruña e pasan todo o 2007 embarcados noutra pequena xira por salas de Galicia, presentando o seu disco, conseguindo cheos absolutos en salas como Forum celticum (O Burgo), Mardigras (A Coruña) ou D'anton (Laracha). Durante esta xira de concertos incorporan á formación unha sección de metais (trompeta, saxo e trombón), que reforzan a sonoridade da banda. Durante 2008 dedicáronse de novo á composición de temas novos, actualmente xa dispoñen de material suficiente para gravar un segundo disco, a súa intención é telo na rúa en nadal e poder saír a presentalo en 2009 no maior número de salas posible. Para máis información visitar webwww.7puertasweb.com
A proposta musical de 7 puertas é moi variada, para empezar, a formación varía segun a demanda da sala; en salas pequenas ou que dispoñen dun escenario pequeno, poden actuar en formato sinxelo (bateria, baixo, 2 guitarras e voz) en salas grandes ou que o escenario o permite, poden incorporar unha sección de metais e mesmo unha de coros en ocasións. Doutra banda o repertorio de 7 puertas é do mais variado, xa que ademas dos 12 temas do seu primeiro disco e os do segundo (que gravarán en breve) contan cun repertorio de mais de 40 versións de todos os estilos; pop/rock (The Black Crowes, U2, Lenny Kravitz, Red Hot Chilli Peppers...), reggae (Bob Marley,..), funky (Primal Scream, Steve Wonder..) en español (M.clan, Los Piratas, Extremoduro,etc...) que van variando cada noite, o cal lles permite adaptarse un pouco ao tipo de local ou ambiente e nunca repetir 2 concertos iguais.

viernes, 6 de marzo de 2009

SNATCH ACTÚA O SÁBADO 14 DE MARZO


SNATCH ACTÚA O SÁBADO 14 DE MARZO
[Photo]O sábado 14 de Marzo actúa no Pub O Muiño de Cervo a agrupación de Cacheiras (Teo) SNATCH. Un cuarteto afincado en Santiago, composto por Paola Piñeiro(voz), Xermán Prieto (guitarra), Pablo Laranxo(baixo) e Jacobo Gallego(batería). En xaneiro do 2.007 gravaron a súa primeira maqueta. Presentaronse o concurso A POLO GHIT coa súa canción "Bikos from Madeira". En xuño do mesmo ano ganan o II Certame Millarock 07 . A día de hoxe levan máis de 200 actuacións por salas de Galicia.Este concerto forma parte dos concertos da Música en Vivo que o Pub O Muiño ten contratados en colaboración co AGADIC.

martes, 17 de febrero de 2009

FELIX ARIAS ACTUA O VENRES 20 DE FEBREIRO


Nos primeiros anos da súa carreira musical, da un importante número de concertos como solista e con GURU DEVA, grupo que xirou por toda a península e que acabou de segundo grupo nacional no Villa de Bilbao. En solitario, destacan as suas actuacións xunto a Robyn Hitchcock y The Pernice Brothers. Destaca o proxecto LOVELY LUNA, xunto a Xoel López (Deluxe), co que sacou á luz un traballo homónimo no 2000, co selo catalán Guerssen Records e, no 2005, publicou o segundo CD , “Las cosas que nadie quiere ver” editado pola madrileña Mushroom Pillow. Agora está a presentar o seu primeiro disco a título personal, “Manchados de tinta”, que edita Wonderland. Actualmente, acaba de terminar a gravación do segundo disco de Guru Deva, que ten a súa saída prevista para o outono deste ano, e esta a preparar a gravación do seu segundo disco en solitario.
Félix Arias é un dos artistas máis celebrados do actual panorama pop galego. Algúns factores a considerar: Arias é a metade de Lovely Luna (o outro 50% é Xoel López, alma mater de Deluxe), dúo que sementou grandes críticas na prensa musical española co seu segundo cedé, Las cosas que nadie quiere ver (2005). Traballa tamén con Guru Deva, grupo con disco no mercado -After all (2003)- e segundo posto no certame Villa de Bilbao. Con Manchados de tinta, Félix Arias mergúllase máis a fondo no carácter acústico e case poético que caracteriza a Lovely Luna. O cedé foi producido polo propio Xoel López en Madrid e saiu á venda co selo coruñés Wonderland Discos.

martes, 3 de febrero de 2009

ACTUACIÓN DE SWINGPOOL NO PUB O MUIÑO


O VINDEIRO VENRES 6 DE FEBREIRO ACTÚA NO PUB O MUIÑO DE CERVO O GRUPO SANTIAGUÉS SWINGPOOL , A PARTIRES DAS 24 HORAS. ESTE GRUPO ESTÁ FORMADO POR MÚSICOS DE GREAN EXPERIENCIA DENTRO DO JAZZ, XA COINCIDIRAN ANTERIORMENTE NOUTRAS AGRUPACIÓNS. OS TEMAS SON ORIXINAIS EN INGLÉS E EN GALEGO. ESTA ACTUACIÓN FORMA PARTE DAS PROGRAMADAS ENTRE NO PUB O MUIÑO E O AGADIC.

martes, 20 de enero de 2009

SNATCH ACTÚA O SÁBADO 24 DE XANEIRO


O sábado 24 de Xaneiro actúa no Pub O Muiño de Cervo a agrupación de Cacheiras (Teo) SNATCH. Un cuarteto afincado en Santiago, composto por Paola Piñeiro(voz), Xermán Prieto (guitarra), Pablo Laranxo(baixo) e Jacobo Gallego(batería). En xaneiro do 2.007 gravaron a súa primeira maqueta. Presentaronse o concurso A POLO GHIT coa súa canción "Bikos from Madeira". En xuño do mesmo ano ganan o II Certame Millarock 07 . A día de hoxe levan máis de 200 actuacións por salas de Galicia.Este concerto forma parte dos concertos da Música en Vivo que o Pub O Muiño ten contratados en colaboración co AGADIC.

PROGRAMACIÓN DE ACTUACIÓNS DO PUB O MUIÑO ATA O MES DE XULLO DO 2.009


A PROGRAMACIÓN DO PUB O MUIÑO DE CERVO EN COLABORACIÓN CO AGADIC DENTRO DA REDE GALEGA DE MUSICA AO VIVO PARA O 1º SEMESTRE DO 2.009 É A SEGUINTE:


  • 24 - 01 - 2009.- SNATCH

  • 06 - 02 - 2009.- SWINGPOOL

  • 20 - 02 - 2009.- FELIX ARIAS

  • 20 - 03 - 2009.- 7 PUERTAS

  • 03 - 04 - 2009.- DEVA

  • 24 - 04 - 2009.- BUKOWSKI BLUES TRÍO

  • 01 - 05 - 2009.- FABULOSOS CUBATAS DE FOCKINK BROTHERS

  • 22 - 05 - 2009.- ALEJANDRA BURGOS

  • 19 - 06 - 2009.- GURU DEVA