viernes, 8 de enero de 2010

HOLYWATTER ACTÚA O 9 DE XANEIRO NO PUB O MUIÑO DE CERVO


Mañan sábado a partir das 12 da noite actuará no Pub O Muiño de Cervo actuará o grupo lucense HOLYWATTER.Holywater comeza nalgún momento do ano 1998, cando Ricardo Rodríguez lle propón a Xosé Luis Saqués gravar as súas cancións. Pouco despois da primeira demo, entra Laura Romay (baixo) para levar as cancións ao directo. De alí a uns poucos concertos entra Martín Alonso (guitarra) e o grupo comeza unha xira por toda Galicia chegando a gañar o concurso Galicia Cidade Única (2000), no que participaron máis de 300 bandas galegas. Durante as semifinais do concurso entra en acción o batería Luis Casanova para substituír a X. L. Saqués. Co premio autofinancian a gravación do seu primeiro disco Handle With Care, que en 2002 se editaría por medio de Astro Discos. Unha vez en Astro, Holywater comeza a xirar por salas de toda España (2002 e 2003) e incluso abren a actuación de grupos internacionais como Suede, The Posies ou Hooverphonic. Ricardo Rodríguez (voz) desprazouse ata a Holanda en 2003 para realizar unha minixira de dez concertos acústicos. En 2004 sae á luz Sides (Astro Discos), gravado por Paco Loco en El Puerto de Santa María (Cádiz), unha gravación en directo onde o son conseguido representa moi ben o que a banda estaba a facer nos seus concertos. RNE Radio3 (difusión estatal) farase eco deste disco en varios dos seus programas durante varias semanas seguidas, conseguindo moi boas críticas. Con Sides volven a Holanda, esta vez ao completo, e cunha promoción previa importante, para facer outra minixira de dez concertos seguidos, conseguindo que bastantes medios musicais (sobre todo na rede) fixaran a súa atención neles. No verán de 2007, despois dun parón de máis dun ano e medio, Holywater grava o seu terceiro disco.