domingo, 13 de diciembre de 2009

ATAQUE ESCAMPE ACTUA O VENRES 18 NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O VINDEIRO VENRES 18 DE DECEMBRO ACTUARÁ NO PUB O MUIÑO DE CERVO O GRUPO SANTIAGUÉS "ATAQUE ESCAMPE"
As Ataque Escampe gostamos de nos definir como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela ofrecemos unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, estendendo estraños tentáculos que rozasen, por exemplo, a Xil Ríos. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros, dende o bolero ao punk, pasando polo valse, o tango, a canción popular galega, o pop electrónico, o country ou a rumba. O funcionamento como grupo sen destacar autorías, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a nosa filosofía: o "do it yourself" máis brutal, poético e desvergonzado que poida caber nun formato maioritariamente acústico.
Este grupo ten o seguinte historial:Xullo 2006: 1º premio Utopía Son(Vigo). Xaneiro-decembro 2007: Participación na Rede Galega de Música ao Vivo do IGAEM, categoría A. Xaneiro 2007: Edición do cd Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (A Regueifa Plataforma) baixo licenza Creative Commons. Febreiro-xullo 2007: Emisión de temas do cd en diversos programas da Radio Galega: Aberto por reformas, Extrarradio, Radio Oceánica, Diario Cultural etc. Maio- Xuño 2007: Participación no concerto Saudade de ti, de homenaxe a Andrés Dobarro (TVG), e no disco Manifesto Dobarrista (Falcatruada-A Regueifa) co tema Pra che falar de amor. Participación. Xuño-xullo 2007: Emisión dese tema nos programas antes citados e noutros espazos: Miraxes (TVG), Siglo XXI (RNE-3), etc. Outubro 2007: 1º premio GZ-Crea na sección de música. Decembro 2007: 4º mellor disco do ano segundo os lectores da revista Sono-tone. Xaneiro-decembro 2008: Participación na II Rede Galega de Música ao Vivo do IGAEM. Marzo 2008: edición do cd Galicia es una mierda (A Regueifa Discos). Xira Bela Lugosi: marzo-decembro 2007. Xira A invención da pólvora: marzo-decembro 2008. Xaneiro 2009: Galicia es una mierda quinto mellor disco galego do ano para os lectores de Xornal de Galicia.
Este concerto entra dentro da programación de Pub o Muiño coa rede de Música ao Vivo do AGADIC .