domingo, 25 de mayo de 2008

O LEO I ARREMECÁGHONA! ACTUA O 20 DE XUÑO NO PUB O MUIÑO DE CERVO



O Cantautor punk-teatral O LEO I ARREMECAGHONA! actúa o 20 de Xuño no Pub O Muiño de Cervo. Este cantautor estrease nos anos 1.997-98 no II Felix Rock de Vigo e vai de abreconcertos de Albert Plá. No 1.998 edita "Suspiros de kaña".



O seu espectáculo mestura o travestismo co punk e o teatro.



A partir do 2.000 fai música para o teatro nas compañías Materile, A Factoría e Berrobambán, nas cales participa como actor.



No 2.006 - 07 leva por toda Galicia a seu novo espectáculo, a Xira e Aghomita, en que presenta o seu novo traballo"Aghomita, campión".



Mestura teatro e diversas músicas como punk, hip-hop ou canción de autor.O espectáculo busca o sorriso cómplice do público e en ocasións a aberta gargallada cunhas letras moi coidadas que fan que o público reflexione ó tempo que rí. Sae vestido de folklórica española en "Suspiros de kaña" e de galega na "Xira e Aghomita". Todo un artista que ven dende Matamá (Vigo).

miércoles, 7 de mayo de 2008

COANHADEIRA ACTUA NO PUB O MUIÑO O 16 DE MAIO





O grupo Coanhadeira empezou como grupo de gaiteiros tradiconais e no ano 2.006 inician a sua traxectoria como grupo folk.



As "coanhadeiras" eran as persoas encargadas de recolle-los restos da malla na aira para despois aproveitalos. O mesmo nome recibía a vasoira empregada. Dahí sae o nome do grupo, porque xurde como un proxecto máis dos que recollen os restos da malla que sofre a nosa cultura musical.



Os membros do grupo definen o estilo musical do grupo como "MÚSICA EN GALEGO" dado que mézclase a formación clásica dalgún integrante e a experiencia no eido da música tradicional e folk doutros, mixturanse coas influencias musicais actuais, con instrumentos non tradicionais e servese cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada.
Fixeron innumerables actuacións e lograron ser vencedores en varios concursos entre os que destacan:
  • I Concurso Musical Nsaio no Camiño (31 - 7 - 07)



  • Certame Folk de Radio Obradoiro (17 - 3 - 08)



miércoles, 23 de abril de 2008

FERNANDO ESCLUSA EN CERVO 2 - 5 - 2008


Fernando Esclusa actuará en Cervo o 2 de maio no Pub O Muiño dentro das actuacións do IGAEM. Empezou a súa andadura musical ós 16 anos, participando ata a actualidade en numerosos proxectos, entre os que destacan Racing Electra e Inspector Clousseau. Con este ultimo gravou o disco "Pídeme la luna"(Edisco 1.999). Será con Guru Deva cando contan con máis actuacións. Ademais son finalistas no certamen Villa de Bilbao e participan nos mais prestixisos festivais estatais, compartindo escenario con artistas da talla de Josele Santiago, La Habitación Roja, Sexy Sadie, Paul Collin, entre outros...Teloneros de Deluxe na súa xira galega.

Tamén é integrante da formación LOS MECÁNICOS ( Fan música dos 60). É autor de traballos tan intimistas como "Un buen día". Dirixe a discográfica Wonderland en A Coruña.
Ten grandes amigos, entre eles, Xaquín de todos coñecido en Cervo.

lunes, 31 de marzo de 2008

ACTUACIÓN DE MOONDOGS BLUES PARTY


A banda Moondogs Blues Party actuará o venres 25 de Abril no Pub O Muiño de Cervo a partires das 24,00 h. A música que fai, está dentro da modalidade de Soul - blues.

Esta banda que ven dende Oleiros(A Coruña), nace con un punto de curiosidade e ó mesmo tempo de intimismo, de mero pracer propio e por riba de todo , de búsqueda da experimentación necesaria daquel que compón as cancións.

Nace a partires dun proxecto discográfico en solitario "O CAN LUNÁTICO". Disco autoeditado baixo unha licencia Creative Commos. ten unha acollida espectacular, levando o 1º Premio do Concurso de Talentos EP3 de El Pais, a nivel nacional.

A banda está composta por Javier Prado( guitarra e voz), Klaus Martin (trompeta), Kevin Traba (batería), Javier Campello(guitarra), Javier "Pera"(percusión), Alicia Valle (flauta), Iria Novo(baixo) e Fernando Raño(trombón).

viernes, 7 de marzo de 2008

IVÁN & JOSITO ACTUARÁN O VENRES 14 DE MARZO NO PUB O MUIÑO DE CERVO



Iván & Josito actuan o venres 14 de Marzo no Pub O Muíño de Cervo a partires das 24,00H. Esta agrupación xurde como dúo no ano 2.001, empezan a tocar polos locais de Lugo con tan soio 3 cancións propias.O gran salto para darse a coñecer danno no "Club de arte e música Clavicémbalo", onde na sua primeira actuación tiveron un rotundo éxito. Teñen ó longo destes anos un gran número de actuacións, entre elas, varias no Circulo das Artes, destacando as actuacións nas Festas de San Froilán como teloneros de Jorge Drexlier e Pablo Milanés, entre outros.

Unha boa combinación entre canción protesta,amor e humor fan que o concerto sexa dinámico e par ticipativo para o público en xeral.
O seu primeiro traballo discográfico "MUNDO DE RISA" consta de 15 temas compostos e interpretados por Iván & Josito. As letras traballadas, acompañadas dos excelentes arreglos musicais fan que o disco triunfe no panorama musical actual.

sábado, 23 de febrero de 2008

ALVARO VIEITO TRIO ACTUA O 29 DE FEBREIRO NO PUB O MUÍÑO DE CERVO


O grupo de jazz,ALVARO VIEITO TRIO, actuará o vindeiro venres 29 de Febreiro no Pub O Muíño de Cervo. Esta actuación está incluída dentro da programación de MÚSICA EN VIVO organizada polo IGAEM en colaboración con Clubtura. asociación de salas de música de Galicia.

O grupo está composto por Alvaro Vieito (guitarra), Diego Pérez (Contrabaixo) e Hilario Rodeiro(batería). Tocaron en numerosas formacións de jazz e noutras modalidades.

O seu repertorio evolucionou dende os arranxos orixinais de jazz e bossa nova ata unha máis amplia variedade de estilos e aposta pola mistura do tradicional e o moderno coa aportación de temas orixinais de Alvaro Vieito.

Teñen actuacións nas salas máis importantes de Galicia destacando as súas actuacións no PUB DADO - DADÁ en Santiago , local pioneiro nas actuacións de jazz a nivel galego.

jueves, 7 de febrero de 2008

ACTUACIÓN DE ALVARO MURAS O 8 DE FEBREIRO

O venres 8 de Febreiro a partires das 24 horas actuará o grupo ALVARO MURAS no Pub O Muíño de Cervo.

Este músico nacido en Montevideo, foi crecendo no barrio de Monte Alto (Coruña). Pasou por diversos grupos locais de diferentes estilos (rock, flamenco-pop, jazz-fusion)

A súa intención é facer sonar o seu baixo eléctrico. Os seus temas sonsentimentos para oir e para ver e intenta ofrecer algo distinto apostando pola orixinalidade con un estilo definido por Funk-fusión.

Os directos van dirixidos ó público que lle gusta ver cousas diferentes e que entende a dificulotade de tocar o baixo eléctrico.