lunes, 10 de noviembre de 2008

O MAGO TETO NUNHA NOITE DE MAXIA NO PUB O MUIÑO



O Sábado 15 de Novembro a partires das 24:00 h. o Mago Teto deleitará ós asistentes con 90 minutos de maxia e ilusionismo. Como mago fixo a súa primeira actuación no 1.992 en Viana do Bolo (pobo natal). Entre o ano 92 e 93 coñece o seu mestre: O Mago Antón. No 1.998 estrea o espectáculo "A Maxia dos Soños"onde mestura humor e fantasía. No 1.999 nace un novo proxecto: "A Maxia da Santa Compaña"show onde a maxia máis sorprendente é combinada coa tradición e a cultura galega.No 2.002 saca un novo espectáculo chamado : "Preto de tí" especial para grupos reducidos. No 2.003 prepara o show "Tolemaxias", o máis tolo nunca antes presentado, dirixido principalmente a ceas de empresa e cafés - concerto. No 2.005 nace "15 anos de Tolemaxias". Ademáis conta con innumerables actuacións en festivais e certames de maxia ó longo deste tempo.


Nos seus espectáculos pretende manter ese soño de ilusión e sorprender , emocionar e transmitir alegría ás persoas grazas á maxia.


martes, 28 de octubre de 2008

LITTLE ALBERT BOOGIE BAND, NO MUÍÑO


O venres 31 de Outubro a partires das 24,00 h actuará a banda coruñesa Little Albert Boogie Band. Este grupo está formado por 3 veteranos músicos da cidade de A Coruña. Participaron en bandas e orquestas como:Colorado, Green River Band, La Banda de los Denunciados,...etc. Intentan conseguir unha comunión íntima entre eles mesmos que transmita as súas enerxías hacia o público. Os directos deste grupo fannos cun lrepeertorio de temas propios e diferentes versións tanto en castelán como en inglés. Os temas propios están centreados na temática habitual do blues(amor, sexo, etc.), e as versións vaqndende Freddie king, ata The Doors pasando por ZZ Top ou Los Deltones. O son está dotado dunha potente base ritmica e punzantes riffs de guitarra.

O SÁBADO 25 DE OUTUBRO ACTUOU O MAGO RAFA NO PUB O MUIÑO


O sábado 25 de Outubro actuou o Mago Rafa no Pub O Muíño de Cervo nunha sesión de maxia de preto e co espectáculo Momentos Máxicos. Este mago logrou un ambiente moi participativo e cos seus trucos fixo pasar ós asistentes uns momentos de encanto.

domingo, 7 de septiembre de 2008

SESIÓN DE MAXIA NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O mago KIKO PASTUR actuará o sábado 13 de Setembro no Pub O Muíño a partires das 24,00h. Este ilusionista vai a presentar "A Soirée Máxica"que será unha seswión da maxia máis selecta e sofisticada. Maxia con jazz e música de vangarda, proxeccións en pantalla de primeiros planos recollidos por unha cámara para facer "close-up". Poesía visual e musical orixinalidade, virtuosismo e atmósfera máxica. Estilo único onde "o esencial é invisible ós ollos".No ano 2006 acadou o premio mundial FIMS en Estocolmo.

ACTUACIÓNS PROGRAMADAS DENDE SETEMBRO A DECEMBRO



As actuacións programadas no Pub O Muiño de Cervo dende Setembro a Decembro do 2.008 en colaboración co IGAEM son as seguinte:



  • Sábado 13 de Setembro: MAGO KIKO PASTUR

  • Venres 19 de Setembro: NORGE BATISTA(Aplazada para o 28 de Novembro)

  • Sábado 25 de Outubro: MAGO RAFA

  • Venres 31 de Outubro: LITTLE ALBERT BOOGIE BAND

  • Sábado 15 de Novembro: MAGO TETO

  • Venres 21 de Novembro: SAMUEL LEVÍ

  • Venres 5 de Decembro: TONHITO DE POI

  • Sábado 6 de Decembro: MAGO ANTÓN (CREACIÓNS MÁXICAS)

  • Venres 19 de Decembro: DIEGO MASSIMINI

  • Venres 27 de Decembro: DORIAN GRAY

domingo, 25 de mayo de 2008

O LEO I ARREMECÁGHONA! ACTUA O 20 DE XUÑO NO PUB O MUIÑO DE CERVO



O Cantautor punk-teatral O LEO I ARREMECAGHONA! actúa o 20 de Xuño no Pub O Muiño de Cervo. Este cantautor estrease nos anos 1.997-98 no II Felix Rock de Vigo e vai de abreconcertos de Albert Plá. No 1.998 edita "Suspiros de kaña".



O seu espectáculo mestura o travestismo co punk e o teatro.



A partir do 2.000 fai música para o teatro nas compañías Materile, A Factoría e Berrobambán, nas cales participa como actor.



No 2.006 - 07 leva por toda Galicia a seu novo espectáculo, a Xira e Aghomita, en que presenta o seu novo traballo"Aghomita, campión".



Mestura teatro e diversas músicas como punk, hip-hop ou canción de autor.O espectáculo busca o sorriso cómplice do público e en ocasións a aberta gargallada cunhas letras moi coidadas que fan que o público reflexione ó tempo que rí. Sae vestido de folklórica española en "Suspiros de kaña" e de galega na "Xira e Aghomita". Todo un artista que ven dende Matamá (Vigo).

miércoles, 7 de mayo de 2008

COANHADEIRA ACTUA NO PUB O MUIÑO O 16 DE MAIO





O grupo Coanhadeira empezou como grupo de gaiteiros tradiconais e no ano 2.006 inician a sua traxectoria como grupo folk.



As "coanhadeiras" eran as persoas encargadas de recolle-los restos da malla na aira para despois aproveitalos. O mesmo nome recibía a vasoira empregada. Dahí sae o nome do grupo, porque xurde como un proxecto máis dos que recollen os restos da malla que sofre a nosa cultura musical.



Os membros do grupo definen o estilo musical do grupo como "MÚSICA EN GALEGO" dado que mézclase a formación clásica dalgún integrante e a experiencia no eido da música tradicional e folk doutros, mixturanse coas influencias musicais actuais, con instrumentos non tradicionais e servese cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada.
Fixeron innumerables actuacións e lograron ser vencedores en varios concursos entre os que destacan:
  • I Concurso Musical Nsaio no Camiño (31 - 7 - 07)



  • Certame Folk de Radio Obradoiro (17 - 3 - 08)