jueves, 30 de julio de 2009

XIX ANIVERSARIO DO PUB O MUIÑO


Na celebración do XIX Aniversario do Pub O Muiño de Cervo que se levará a cabo os días 31 de Xullo e 1 de Agosto terá o seguinte programa de actuacións:

DÍA 31 DE XULLO: A partires das 1:00H actuación do contacontos :

PALMO GITANO DE LA PERLA NEGRA "ALIAS POLI MARINHO "

A Continuación "QUEIMADA " exconxurada por NANDO


DIA 1 DE AGOSTO: Actuación do grupo santiagués

SNATCH

lunes, 1 de junio de 2009

GURU DEVA ACTÚA NO PUB O MUIÑO O VENRES 19 DE XUÑO


O VENRES 19 DE XUÑO A PARTIRES DAS 24,00 H. ACTUARÁ NO PUB O MUIÑO DE CERVO O GRUPO CORUÑÉS GURU DEVA.

Tras case seis anos despois do seu debut discográfico (After All, Rock Indiana, 2003), o grupo galego Guru Deva reaparece na escena musical con Vago, un traballo que revitaliza o pop nacional a través de 11 cancións novas e que estará á venda o próximo inverno. Aires pausados, respiración repousada e tranquilidade absoluta é o que se deixa entrever nesta nova aposta de Guru Deva que leva por título Vago. Gravado nos estudios Mobillete por Astray (Bummer) na produción, na localidade de Cecebre, a 20 kilómetros da Coruña, o disco rezuma sensibilidade e bo facer destes catro mozos herculinos, ademais de estar masterizado en Metromastering, por Saul Patiño. A cotidianiedade, os problemas e vivencias personais e a lírica da tristeza dan cabida a fortes emocións neste álbum sinceiro no que o mundo se para e é cando xorde a necesidade de facer cancións, de dar paso á música. Esa é a concepción de Vago para estes gurús do pop.
Guru Deva nace na Coruña en 2001. En setembro dese ano gravan a súa primeira demo en colaboración con Xoel López (Deluxe). O tema My soul huts more than yours aparece en varios programas de radio e convírtese en punta de lanza da banda. Na súa xira de 2002 presenta o seu debut en varios festivais con grande éxito. Son preseleccionados en Demo2002 de Radio3 e no FIB. A finais dese ano comeza a gravación do seu esperado disco debut, nos estudios Bonham de A Coruña, disco que saíu a finais de 2003 co selo madrileño Rock Indiana. A súa xira de presentación coincide en Galicia coa de Deluxe, a quén acompañan; obteñen o premio como segundo grupo nacional no prestixioso certame Villa de Bilbao e percorren palmo a palmo a península en busca do recoñecemento que se merecen. Por outra parte, “o revival é a receta para esquecer o presente”; dío Félix Arias, alma máter de Guru Deva, compoñente tamén de Lovely Luna, o dúo que comparte con Xoel López (Deluxe). Mecha, ex batería de Os Maruxa, Fernando Esclusa, integrante do trío Los Mecánicos e ex Inspector Clousseau e David González, ex baixista de Maguila e de Revolujoin compoñen este grupo bautizado con dúas palabras do retrouso de Across de Universe de The Beatles. Un nome poético para recuperar sons dos 60 e que constitúe a resposta española a grupos como Ocean Colour Scene ou os máis dinámicos Coldplay.

jueves, 14 de mayo de 2009

ALEJANDRA BURGOS NO PUB O MUIÑO


Naceu en 1983, en Arxentina, é unha cantante e guitarrista que coa súa música percorre estilos como o Blues, Country Blues e Rockabilly. As súas influencias artísticas son Elvis Presley, The Beatles, Janis Martin, Koko Taylor, Bessie Smith, Memphis Minnie, Etta James, Ruth Brown, Big Mama Thortom, Aretha Franklyn, Janis Joplin, Bonnie Raitt, Bonnie Tyler, Crystal Gayle, Wanda Jackson, Brenda Le. Desde os oito anos, e con gran influencia do seu pai, comezou o seu amor pola música. Estudou percusión, guitarra e canto en Belas Artes e o Conservatorio Roma. Deu as súas primeiras presentacións participando en distintos festivais e eventos, cara aos 16, xunto a diferentes bandas de Rock e Blues. Formou parte das Beladies, unha banda coa que percorreu gran parte da Arxentina e coa cal realizou numerosas presentacións en Buenos Aires. Seguiu os seus estudos de composición na Universidade Nacional de Quilmes a carreira de Composición con medios electroacústicos e na Escola de Música Popular de Avellaneda. Con 21 anos de idade integrou unha banda de country feminino, Ángeles del Arcángel, con quen, logo de varias presentacións, participou do Festival Country 2005 de San Pedro, onde foron revelación. Xa cunha nutrida experiencia en escenarios, aos seus 22 anos, acompañou na súa xira a Gabriel Gratzer, un dos músicos arxentinos máis destacados do Country-Blues, con quen participou de festivais nacionais e internacionais de Country e Jazz, como foi o Festival de Vila Gesell, Pinamar e Santiago de Chile no Teatro A Raíña. Hoxe, continúa estudando e traballando no seu proxecto como solista acompañada da súa banda de Blues, Country

jueves, 23 de abril de 2009

VENRES 1 DE MAIO ACTUACIÓN DE "FABULOSOS CUBATAS DE FOCKINK BROTHERS


O Venres 1 de Maio concerto de FABULOSOS CUBATAS DE FOCKINK BROTHERS no Pub O Muiño de Cervo.Este concerto esta dentro dos circuitos de Musica ao vivo do Agadic (Xunta de Galicia). Este grupo está formado por Eduardo Hermida (pintor, ilustrador e axitador cultural ferrolán) e Pepe Doré (ex-Los Doré, músico versátil coruñés que tanto compón música para teatro, series de TV, como acompaña a Uxía Senlle, etc.) forman os FCFB no ano 2000. Con este espectáculo levan percorrida practicamente toda España, onde fixeron máis de 400 concertos.
Proposta musical:
Un espectáculo musical onde a crítica social e a música se dan a man coa intención primeira de provocar o riso no público, para máis tarde levar mesmo á reflexión, todo isto nun formato que poderiamos chamar como "cabaret irreverente para o século XXXI".

miércoles, 22 de abril de 2009

BUKOWSKI BLUES TRIO ACTUA NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O VINDEIRO VENRES 24 DE ABRIL ACTUACION DE BUKOWSKI BLUES TRIO NO PUB O MUIÑO DE CERVO

Actualmente Bukowski Trío? preséntase como cuarteto: batería, baixo, guitarra e harmónica. Ofrece un directo diferente, divertido e contundente no que caben tanto versións de clásicos do blues como temas propios. O repertorio inclúe versión libres e moi persoais de Hendrix, Cream, Stevie Ray Vaughan, Ray Charles... O gusto polo rock, o funk e o blues queda patente nas actuacións de Bukowski Trío? ante as que ninguén permanece indiferente. A diversión e o baile están sempre presentes.
ACTUALIZACIÓN DECEMBRO 2008 Somersault é o primeiro lanzamento de Bukowski blues trio?. Trátase dun paso natural para unha banda que nos últimos 3 anos embarcouse nunha actividade incesante, maquetas, concertos, festivais... Somersault é unha pequexa mostra do que a banda realiza sobre o escenario: trátase dun EP totalmente autoproducido: desde a gravación, no local de ensaio e con medios propios, pasando polo deseño gráfico, ata a edición e publicación (contando cos servicios do selo PSM MUSIC) Somersault supón un xiro no son e un novo paso na evolución da banda, onde se reflexa a influencia do son funk dos 70, mantendo o característico sabor anello a blues-rock que a banda imprime ao seu directo. Tres versións (incriblemente persoais) e dous temas propios (+bonus) compoñen esta carta de presentación dunha banda que nunca esquece o blues no seu repertorio.

sábado, 11 de abril de 2009

ACTUACIÓN DO GRUPO BURELÉS "TORQUES" NO PUB O MUIÑO DE CERVO

O sábado 11 de Abril a partires das 24:00H. actuará no Pub O Muiño de Cervo o grupo burelés TORQUES .Este grupo formado por Lorenzo García (baixo), Ismael Iglesias (guitarra solista), Xoel Mon (guitarra), Luis Otero (voz) e Hector Gavín (batería), deleitarannos co concerto con temas de metalcore.

jueves, 2 de abril de 2009


ACTUACIÓN DO GRUPO VIGUÉS DEVA ,O VENRES 3 DE ABRIL NO PUB O MUIÑO DE CERVO.

Deva créase en 2007 como un proxecto de Pop Alternativo en castelán con matices electrónicos a partir da reconversión de estilo da anterior banda viguesa City Banshee. En xaneiro de 2007 a banda traballa con Pedro Luís Martínez, mestre de jazz e membro da Real Academia da Música, estudando durante meses harmonías, percusión e voces para conseguir un son máis maduro e compacto ademáis dunha base de batería e baixo máis adaptada á introdución de bases e efectos dixitais. Realízase un esforzo intenso para compor novos temas durante a época de aprendizaxe e reconverter algúns da anterior etapa. En maio de 2007 e tras a marcha a Madrid de Pedro Luís Martínez exponse a gravación de catro temas nos estudos Mix Plus (Vigo). Inícianse entón reunións con Anxo Bautista (Killer Barbies, Pacífico, Kannon) para que exerza como produtor e editor do proxecto. Anxo ofrécenos un punto de vista máis bailable para o single "Rotación" e con máis pegada para os demais cortes que convence dunha forma extraordinaria á banda. Adícase un mes máis de ensaios á nova disposición e éntrase en estudo en xuño. Por fin en setembro deste mesmo ano mestúrase e masteriza a primeira demo como Deva que se presenta en concerto e concursos o mesmo Outubro.