viernes, 8 de enero de 2010

HOLYWATTER ACTÚA O 9 DE XANEIRO NO PUB O MUIÑO DE CERVO


Mañan sábado a partir das 12 da noite actuará no Pub O Muiño de Cervo actuará o grupo lucense HOLYWATTER.Holywater comeza nalgún momento do ano 1998, cando Ricardo Rodríguez lle propón a Xosé Luis Saqués gravar as súas cancións. Pouco despois da primeira demo, entra Laura Romay (baixo) para levar as cancións ao directo. De alí a uns poucos concertos entra Martín Alonso (guitarra) e o grupo comeza unha xira por toda Galicia chegando a gañar o concurso Galicia Cidade Única (2000), no que participaron máis de 300 bandas galegas. Durante as semifinais do concurso entra en acción o batería Luis Casanova para substituír a X. L. Saqués. Co premio autofinancian a gravación do seu primeiro disco Handle With Care, que en 2002 se editaría por medio de Astro Discos. Unha vez en Astro, Holywater comeza a xirar por salas de toda España (2002 e 2003) e incluso abren a actuación de grupos internacionais como Suede, The Posies ou Hooverphonic. Ricardo Rodríguez (voz) desprazouse ata a Holanda en 2003 para realizar unha minixira de dez concertos acústicos. En 2004 sae á luz Sides (Astro Discos), gravado por Paco Loco en El Puerto de Santa María (Cádiz), unha gravación en directo onde o son conseguido representa moi ben o que a banda estaba a facer nos seus concertos. RNE Radio3 (difusión estatal) farase eco deste disco en varios dos seus programas durante varias semanas seguidas, conseguindo moi boas críticas. Con Sides volven a Holanda, esta vez ao completo, e cunha promoción previa importante, para facer outra minixira de dez concertos seguidos, conseguindo que bastantes medios musicais (sobre todo na rede) fixaran a súa atención neles. No verán de 2007, despois dun parón de máis dun ano e medio, Holywater grava o seu terceiro disco.

domingo, 13 de diciembre de 2009

ATAQUE ESCAMPE ACTUA O VENRES 18 NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O VINDEIRO VENRES 18 DE DECEMBRO ACTUARÁ NO PUB O MUIÑO DE CERVO O GRUPO SANTIAGUÉS "ATAQUE ESCAMPE"
As Ataque Escampe gostamos de nos definir como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela ofrecemos unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, estendendo estraños tentáculos que rozasen, por exemplo, a Xil Ríos. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros, dende o bolero ao punk, pasando polo valse, o tango, a canción popular galega, o pop electrónico, o country ou a rumba. O funcionamento como grupo sen destacar autorías, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a nosa filosofía: o "do it yourself" máis brutal, poético e desvergonzado que poida caber nun formato maioritariamente acústico.
Este grupo ten o seguinte historial:Xullo 2006: 1º premio Utopía Son(Vigo). Xaneiro-decembro 2007: Participación na Rede Galega de Música ao Vivo do IGAEM, categoría A. Xaneiro 2007: Edición do cd Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (A Regueifa Plataforma) baixo licenza Creative Commons. Febreiro-xullo 2007: Emisión de temas do cd en diversos programas da Radio Galega: Aberto por reformas, Extrarradio, Radio Oceánica, Diario Cultural etc. Maio- Xuño 2007: Participación no concerto Saudade de ti, de homenaxe a Andrés Dobarro (TVG), e no disco Manifesto Dobarrista (Falcatruada-A Regueifa) co tema Pra che falar de amor. Participación. Xuño-xullo 2007: Emisión dese tema nos programas antes citados e noutros espazos: Miraxes (TVG), Siglo XXI (RNE-3), etc. Outubro 2007: 1º premio GZ-Crea na sección de música. Decembro 2007: 4º mellor disco do ano segundo os lectores da revista Sono-tone. Xaneiro-decembro 2008: Participación na II Rede Galega de Música ao Vivo do IGAEM. Marzo 2008: edición do cd Galicia es una mierda (A Regueifa Discos). Xira Bela Lugosi: marzo-decembro 2007. Xira A invención da pólvora: marzo-decembro 2008. Xaneiro 2009: Galicia es una mierda quinto mellor disco galego do ano para os lectores de Xornal de Galicia.
Este concerto entra dentro da programación de Pub o Muiño coa rede de Música ao Vivo do AGADIC .

lunes, 30 de noviembre de 2009

SABADO 5 DE DECEMBRO "O GRAN TONHITO DE POI" NO PUB O MUIÑO DE CERVO

O sábado 5 de decembro a partires das 24:;00H.gran concerto de TONHITO DE POI. Lembraranos e deleitaranos con grandes temas que ten interpretado con Herdeiros da Crus e un sinfin de temas del mesmo.

martes, 24 de noviembre de 2009

VENRES 4 DE DECEMBRO ""LOS MARCIANOS" NO PUB O MUIÑO



O venres 4 de Decembro actuará no pub O Muiño de Cervo o grupo musical vigués "Los Marcianos".O grupo fórmase en Vigo a primeiros do ano 2006, aínda que a historia dos seus compoñentes xa ven de atrás. Ibán González (Guitarra e voz) forma a finais dos 90 unha banda que se chamaba "El nombre es lo de Menos", coa que estiveron a punto de firmar importantes contratos con discográficas grandes, contando como productor con Pedro González (Semen Up, Spiritu 96) Tamén conseguen tocar por toda España e actuar en programas de ámbito galego como "Luar" da TVG. Tras a disolución de "El nombre es lo de Menos", Ibán decide montar unha nova banda xunto a Dani (Baixo) e Victor (Batería) a principios do 2006, gravan unha maqueta e nese mesmo ano comezan a tocar por toda Galicia. En novembro, quedan finalistas do concurso NovaxoveMusic, actuando na sala Capitol xunto as bandas "Stereotipos", "The blows" e "Cornelius". En xaneiro do 2007 presentase en Madrid na sala "Juglar" tocando xunto os locais Galga Madre. No seu haber, tamén consta o compoñer e interpretar o himno do Nigrán CF, o club de fútbol da vila galega. Tras máis de 50 concertos, entran nos Océano estudios en xuño 2008 para gravar o seu primer single, baixo a producción de Javier Abreu, titulado "Por la baranda". Esta actuación entra dentro da programación de Música ao vivo do Agadic en colaboración co Pub O Muiño de Cervo.

jueves, 12 de noviembre de 2009

SOJAZZ NO PUB O MUIÑO O 20 DE NOVEMBRO


O venres 20 de Novembro a partires das 24:00H. concerto musical a cargo de do grupo SOJAZZ . Grupo de nova formación pero con compoñentes coñecidos na escena do jazz Galego como Pablo Estelles, Jorge del Río, Raul Lorenzo, Mario Agulla e Antón Bello.
Todos eles tocaron en moitas outras formacións ata que coincidiron neste novo proxecto que recrea o jazz tradicional dende unha perspectiva actual.
Repertorio de jazz e temas propios que abrangue todolos estilos, swing, bop, funk.

Eswte concerto entlra dentro dos concertos de Música ao vivo .

lunes, 26 de octubre de 2009

DIA DOS MORTOS : SAMAÍN NO PUB O MUIÑO

O sábado 31 de Outubro celebrarase no Pub O Muiño de Cervo o Samaín coa Noite dos Mortos actuando os grupos SEN BERCE DE LUGO e TORQUES DE BURELA.Noite de sorpresas

viernes, 23 de octubre de 2009

HECTOR LORENZO ACTÚA NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O Vindeiro venres 30 de Outubro actuará no Pub O Muiño de Cervo a prtires das 24:00H. o cantautor compostelán HECTOR LORENZO: Guitarrista e cantante compostelán que colabora con distintos músicos galegos como Quim Farinha, Carmen Dor, Pablo Seoane ou Uxía. Tamén toca coa cantante Najla Shami, e prepara un traballo conxunto que verá a luz proximamente.
Música da súa autoría en galego, bossa nova e jazz vocal. Este concerto entra dentro da programación de Música ao vivo.