jueves, 14 de mayo de 2009

ALEJANDRA BURGOS NO PUB O MUIÑO


Naceu en 1983, en Arxentina, é unha cantante e guitarrista que coa súa música percorre estilos como o Blues, Country Blues e Rockabilly. As súas influencias artísticas son Elvis Presley, The Beatles, Janis Martin, Koko Taylor, Bessie Smith, Memphis Minnie, Etta James, Ruth Brown, Big Mama Thortom, Aretha Franklyn, Janis Joplin, Bonnie Raitt, Bonnie Tyler, Crystal Gayle, Wanda Jackson, Brenda Le. Desde os oito anos, e con gran influencia do seu pai, comezou o seu amor pola música. Estudou percusión, guitarra e canto en Belas Artes e o Conservatorio Roma. Deu as súas primeiras presentacións participando en distintos festivais e eventos, cara aos 16, xunto a diferentes bandas de Rock e Blues. Formou parte das Beladies, unha banda coa que percorreu gran parte da Arxentina e coa cal realizou numerosas presentacións en Buenos Aires. Seguiu os seus estudos de composición na Universidade Nacional de Quilmes a carreira de Composición con medios electroacústicos e na Escola de Música Popular de Avellaneda. Con 21 anos de idade integrou unha banda de country feminino, Ángeles del Arcángel, con quen, logo de varias presentacións, participou do Festival Country 2005 de San Pedro, onde foron revelación. Xa cunha nutrida experiencia en escenarios, aos seus 22 anos, acompañou na súa xira a Gabriel Gratzer, un dos músicos arxentinos máis destacados do Country-Blues, con quen participou de festivais nacionais e internacionais de Country e Jazz, como foi o Festival de Vila Gesell, Pinamar e Santiago de Chile no Teatro A Raíña. Hoxe, continúa estudando e traballando no seu proxecto como solista acompañada da súa banda de Blues, Country

jueves, 23 de abril de 2009

VENRES 1 DE MAIO ACTUACIÓN DE "FABULOSOS CUBATAS DE FOCKINK BROTHERS


O Venres 1 de Maio concerto de FABULOSOS CUBATAS DE FOCKINK BROTHERS no Pub O Muiño de Cervo.Este concerto esta dentro dos circuitos de Musica ao vivo do Agadic (Xunta de Galicia). Este grupo está formado por Eduardo Hermida (pintor, ilustrador e axitador cultural ferrolán) e Pepe Doré (ex-Los Doré, músico versátil coruñés que tanto compón música para teatro, series de TV, como acompaña a Uxía Senlle, etc.) forman os FCFB no ano 2000. Con este espectáculo levan percorrida practicamente toda España, onde fixeron máis de 400 concertos.
Proposta musical:
Un espectáculo musical onde a crítica social e a música se dan a man coa intención primeira de provocar o riso no público, para máis tarde levar mesmo á reflexión, todo isto nun formato que poderiamos chamar como "cabaret irreverente para o século XXXI".

miércoles, 22 de abril de 2009

BUKOWSKI BLUES TRIO ACTUA NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O VINDEIRO VENRES 24 DE ABRIL ACTUACION DE BUKOWSKI BLUES TRIO NO PUB O MUIÑO DE CERVO

Actualmente Bukowski Trío? preséntase como cuarteto: batería, baixo, guitarra e harmónica. Ofrece un directo diferente, divertido e contundente no que caben tanto versións de clásicos do blues como temas propios. O repertorio inclúe versión libres e moi persoais de Hendrix, Cream, Stevie Ray Vaughan, Ray Charles... O gusto polo rock, o funk e o blues queda patente nas actuacións de Bukowski Trío? ante as que ninguén permanece indiferente. A diversión e o baile están sempre presentes.
ACTUALIZACIÓN DECEMBRO 2008 Somersault é o primeiro lanzamento de Bukowski blues trio?. Trátase dun paso natural para unha banda que nos últimos 3 anos embarcouse nunha actividade incesante, maquetas, concertos, festivais... Somersault é unha pequexa mostra do que a banda realiza sobre o escenario: trátase dun EP totalmente autoproducido: desde a gravación, no local de ensaio e con medios propios, pasando polo deseño gráfico, ata a edición e publicación (contando cos servicios do selo PSM MUSIC) Somersault supón un xiro no son e un novo paso na evolución da banda, onde se reflexa a influencia do son funk dos 70, mantendo o característico sabor anello a blues-rock que a banda imprime ao seu directo. Tres versións (incriblemente persoais) e dous temas propios (+bonus) compoñen esta carta de presentación dunha banda que nunca esquece o blues no seu repertorio.

sábado, 11 de abril de 2009

ACTUACIÓN DO GRUPO BURELÉS "TORQUES" NO PUB O MUIÑO DE CERVO

O sábado 11 de Abril a partires das 24:00H. actuará no Pub O Muiño de Cervo o grupo burelés TORQUES .Este grupo formado por Lorenzo García (baixo), Ismael Iglesias (guitarra solista), Xoel Mon (guitarra), Luis Otero (voz) e Hector Gavín (batería), deleitarannos co concerto con temas de metalcore.

jueves, 2 de abril de 2009


ACTUACIÓN DO GRUPO VIGUÉS DEVA ,O VENRES 3 DE ABRIL NO PUB O MUIÑO DE CERVO.

Deva créase en 2007 como un proxecto de Pop Alternativo en castelán con matices electrónicos a partir da reconversión de estilo da anterior banda viguesa City Banshee. En xaneiro de 2007 a banda traballa con Pedro Luís Martínez, mestre de jazz e membro da Real Academia da Música, estudando durante meses harmonías, percusión e voces para conseguir un son máis maduro e compacto ademáis dunha base de batería e baixo máis adaptada á introdución de bases e efectos dixitais. Realízase un esforzo intenso para compor novos temas durante a época de aprendizaxe e reconverter algúns da anterior etapa. En maio de 2007 e tras a marcha a Madrid de Pedro Luís Martínez exponse a gravación de catro temas nos estudos Mix Plus (Vigo). Inícianse entón reunións con Anxo Bautista (Killer Barbies, Pacífico, Kannon) para que exerza como produtor e editor do proxecto. Anxo ofrécenos un punto de vista máis bailable para o single "Rotación" e con máis pegada para os demais cortes que convence dunha forma extraordinaria á banda. Adícase un mes máis de ensaios á nova disposición e éntrase en estudo en xuño. Por fin en setembro deste mesmo ano mestúrase e masteriza a primeira demo como Deva que se presenta en concerto e concursos o mesmo Outubro.

domingo, 15 de marzo de 2009

VENRES20 DE MARZO ACTUACIÓN DO GRUPO 7 PUERTAS NO PUB O MUIÑO DE CERVO


7 puertas nace en 2002, cando a Santiago Martínez Gende (bateria), Josafat Pardo (guitarra) e Ivan Rodriguez (baixo), que procedían doutras formacións locais, únenselles Hugo Pardo (guitarra) e Sergio Ramos (voz) completando así a formación. Nun principio só coa intención de divertirse tocando versións dos seus grupos favoritos, asi chegan a 2003 en que xa dispoñen dun bo repertorio de versións e algun que outro tema propio, que foron xurdindo ao longo deste tempo e comezan a dar os seus primeiros concertos pola zona, para empezar a rodar a formacion. Desta forma chegan a 2005, en que gravan unha primeira maqueta con 5 temas, que presentasen ao longo do ano nunha pequena xira por salas de toda galicia, que remata actuando no Playa Club da Coruña ante máis de 200 seguidores. Durante 2006 continúan compondo temas e dando algun que outro concerto para non perder o ritmo de directo, a finais de ano saen gañadores dun concurso no que teñen que medirse en directo a outros 11 grupos da provincia. En 2007 gravan o seu primeiro disco "Hasta el final" nos "Estudios Bonham" da Coruña e pasan todo o 2007 embarcados noutra pequena xira por salas de Galicia, presentando o seu disco, conseguindo cheos absolutos en salas como Forum celticum (O Burgo), Mardigras (A Coruña) ou D'anton (Laracha). Durante esta xira de concertos incorporan á formación unha sección de metais (trompeta, saxo e trombón), que reforzan a sonoridade da banda. Durante 2008 dedicáronse de novo á composición de temas novos, actualmente xa dispoñen de material suficiente para gravar un segundo disco, a súa intención é telo na rúa en nadal e poder saír a presentalo en 2009 no maior número de salas posible. Para máis información visitar webwww.7puertasweb.com
A proposta musical de 7 puertas é moi variada, para empezar, a formación varía segun a demanda da sala; en salas pequenas ou que dispoñen dun escenario pequeno, poden actuar en formato sinxelo (bateria, baixo, 2 guitarras e voz) en salas grandes ou que o escenario o permite, poden incorporar unha sección de metais e mesmo unha de coros en ocasións. Doutra banda o repertorio de 7 puertas é do mais variado, xa que ademas dos 12 temas do seu primeiro disco e os do segundo (que gravarán en breve) contan cun repertorio de mais de 40 versións de todos os estilos; pop/rock (The Black Crowes, U2, Lenny Kravitz, Red Hot Chilli Peppers...), reggae (Bob Marley,..), funky (Primal Scream, Steve Wonder..) en español (M.clan, Los Piratas, Extremoduro,etc...) que van variando cada noite, o cal lles permite adaptarse un pouco ao tipo de local ou ambiente e nunca repetir 2 concertos iguais.

viernes, 6 de marzo de 2009

SNATCH ACTÚA O SÁBADO 14 DE MARZO


SNATCH ACTÚA O SÁBADO 14 DE MARZO
[Photo]O sábado 14 de Marzo actúa no Pub O Muiño de Cervo a agrupación de Cacheiras (Teo) SNATCH. Un cuarteto afincado en Santiago, composto por Paola Piñeiro(voz), Xermán Prieto (guitarra), Pablo Laranxo(baixo) e Jacobo Gallego(batería). En xaneiro do 2.007 gravaron a súa primeira maqueta. Presentaronse o concurso A POLO GHIT coa súa canción "Bikos from Madeira". En xuño do mesmo ano ganan o II Certame Millarock 07 . A día de hoxe levan máis de 200 actuacións por salas de Galicia.Este concerto forma parte dos concertos da Música en Vivo que o Pub O Muiño ten contratados en colaboración co AGADIC.