lunes, 1 de diciembre de 2008

DIEGO MASSIMINI EN CERVO

O 19 de Decembro actuará Diego Massimini no Pub O Muiño de Cervo a partires das 24:00H.
Músico, cantante, compositor e arranxista arxentino, chega a España a principios dos anos noventa despois de percorrer algúns países latinoamericanos traballando para o Movimiento Cultural Jenecherú (Fuego que nunca se apaga), da cidade de Santa Cruz de la Sierra, Bolivia. Instálase en Canarias, onde traballa como docente nos chamados talleres de cancións, en que imparte clases de composición e harmonía moderna.Tamén participa na gravación de catro proxectos de artistas locais. Forma as agrupacións Diego Massimini Brazilian Quartet e Diego Massimini Brazilian Quintet, coas que participa en festivais en Las Palmas de Gran Canaria, Tenerife, Amberes e Aveiro. Integra a banda do músico venezolano Larry Jean Louis e comparte escenario co batería americano Dave Wkel, no Festival de Jazz Internacional de Canarias. Como solista comparte escenario con Alejandro Filio, Ismael Serrano, Luís Pastor, Fito Paez, La Fábula, Juan Carlos Baglietto, León Greco, Rogelio Botanz, Paco Ibáñez, La Habana Abierta, entre outros.A súa música está relacionada directamente coas influencias do jazz, o tango, a bossa nova e os ritmos folclóricos latinoamericanos.
Ademais das súas propias cancións, fai un repaso pola música latinoamericana, tangos, bossa nova, candombe, valses peruanos...

No hay comentarios: