
O sábado 1 de Maio gran concerto a cargo do grupo ABRIL FADO ATLÁNTICO
O estilo/s: Folk-tradicional - Grupo de fado e outras músicas relacionadas coa cultura atlántica galego - portuguesa e está formado por:
Daniel Adzemian: guitarra portuguesa e dirección
José Calabuig: guitarra clásica (viola de fado)
- Dani Pérez: contrabaixo
- Noelia Santos: voz
Experimenta sobre a fusión das influencias europea, indíxena e africana que deron como resultado estilos propios e definidos como o fado o tango ou o chorinho. Daniel Adzemian, guitarrista de longa traxectoria é o líder deste proxecto no que a música é a principal protagonista, mostrándonos a “cara oculta” – e sen dúbida a máis interesante en canto á súa diversidade - da cultura musical galego – portuguesa.
Este concerto entra dentro da programación da rede de Música ao Vivo que organiza O AGADIC.
1 comentario:
Ola somos Irmandades do Falo, un grupo de Vilalba.
Se vos interesa aqui vos deixamos a direccion do blog pa botar unha ollada ao estilo diferente q facemos.
http://irmandadesdofalo.blogspot.com
gracias
Publicar un comentario