miércoles, 26 de enero de 2011

CONCERTO DE THE BROSAS E BULLDOZERS NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O Venres 28 de Xaneiro actuarán no Pub O Muiño de Cervo os grupos de rok-fusión THE BROSAS de Burela e o grupo santiagués BULDOZZERS. Será a partires das 00:00 horas e contamos coa vosa presencia.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

ZENZAR NO PUB O MUIÑO O SÁBADO 4 DE DECEMBRO


O 4 de Decembro concierto do grupo de rock ZENZAR no Pub o muiño de Cervo a partires das 24:00 horas. Zenzar nace no frío inverno de 1987 e leva todo este tempo con escasos cambios de formación, facendo rock en galego, cun estilo enérxico e contundente, sobre todo en directo e cunhas letras sempre coidadas. Teñen cinco discos que seguen a presentar en directo; o último: A tribu (2009).
A proposta musical de Zenzar céntrase nun repaso polo seu extenso repertorio, incluído o seu novo traballo en estudio A tribu, rockeiro coma sempre con pinceladas tradicionais. Autoeditado e distribuido por Lonxa Cultural,

lunes, 19 de abril de 2010

ACTUACIÓN DE ABRIL FADO ATLÁNTICO NO PUB O MUIÑO



O sábado 1 de Maio gran concerto a cargo do grupo ABRIL FADO ATLÁNTICO


O estilo/s: Folk-tradicional - Grupo de fado e outras músicas relacionadas coa cultura atlántica galego - portuguesa e está formado por:

Daniel Adzemian: guitarra portuguesa e dirección

José Calabuig: guitarra clásica (viola de fado)

  • Dani Pérez: contrabaixo

  • Noelia Santos: voz
    Experimenta sobre a fusión das influencias europea, indíxena e africana que deron como resultado estilos propios e definidos como o fado o tango ou o chorinho. Daniel Adzemian, guitarrista de longa traxectoria é o líder deste proxecto no que a música é a principal protagonista, mostrándonos a “cara oculta” – e sen dúbida a máis interesante en canto á súa diversidade - da cultura musical galego – portuguesa.
    Este concerto entra dentro da programación da rede de Música ao Vivo que organiza O AGADIC.

martes, 16 de marzo de 2010

RECAMBIOS TUCHO ACTUA O SÁBADO 20 NO PUB O MUIÑO




O Sábado 20 de marzo gran cocerto no pub O Muiño de Cervo a cargo do grupo RECAMBIOS TUCHO.
RECAMBIOS TUCHO nace en primavera de 2009 baixo a batuta do gran creador e ideòlogo dos desaparecidos Heredeiros da Crus TUCHO TUMBABRAJAS. Despois de ter o privilexio de presentarse ao mundo ata a concorrida Festa da Dorna de Ribeira e a GuadaLUPE De Rianxo Recambios Tucho volve á escena do Rock Galego co Espìrito Jamberro do "HEREDEIRO" màis irreverente e desbocado.
RECAMBIOS TUCHO busca dàrlle a volta de torca a grandes clàsicos do rock dos 70 co desparafusador retranqueiro do autor de moitas e grandes cancions como;"pero que jallo è..."/ vaiche boa/....falamos de Tucho. No Repertorio de RECAMBIOS TUCHO podedes atopar TEMAS DE bOWIE, AC/DC, LED ZEPPELIN, THE WHO, MICHAEL JACKSON, ROLLING STONES,....todos eles como ben di o nome do grupo, temas nos que o universo de tucho nos mostra o lado màis oscuro do rewal.
Este concerto pertece aos concertos ofertados polo Pub O Muiño en colaboración co AGADIC. on programa de Música Ao Vivo.

viernes, 12 de febrero de 2010

THE W.C. GARCÍA SHOW NO PUB O MUIÑO

O venres 12 actuará no pub O Muiño de Cervo a partires das 24:00h.
The W.C. (dubyusi) García Show foi comezado en "Music city usa":Nashville (o berce do country) no 2000 por un neoiorquino fillo de sangue galega/leonesa. Tocou en moitos locais americanos como "skull's rainbow room" e "exit/in" en nashville e "cbgb's gallery" e "the lion's den" en Nyc. O ano seguinte, mudou a Galicia, onde tocou en locais como "a reixa" e "modus vivendi" en Santiago, e festivais como "on/off" en Ribadeo e "revenidas" en Vilanova de Arousa. tamén tocou noutras partes da península como o "Rock Palace" de Madrid e la "Sala Black" de Cádiz. Tocan músicos que tocaron en "the sweat!" , "hot kawa club", e "the harry navison band"
A proposta musical é conectar coa simplicidade e a enerxía do folk americano. Deep blues, country antigo, protorockabilly, folque norteño e sureño, temas orixinais e outras músicas mestúranse con enerxía. Baséea do son é guitarra acústica, voz e harmónica, todo cantado por un nativo das culturas americanas a que rinde homenaxe

viernes, 8 de enero de 2010

HOLYWATTER ACTÚA O 9 DE XANEIRO NO PUB O MUIÑO DE CERVO


Mañan sábado a partir das 12 da noite actuará no Pub O Muiño de Cervo actuará o grupo lucense HOLYWATTER.Holywater comeza nalgún momento do ano 1998, cando Ricardo Rodríguez lle propón a Xosé Luis Saqués gravar as súas cancións. Pouco despois da primeira demo, entra Laura Romay (baixo) para levar as cancións ao directo. De alí a uns poucos concertos entra Martín Alonso (guitarra) e o grupo comeza unha xira por toda Galicia chegando a gañar o concurso Galicia Cidade Única (2000), no que participaron máis de 300 bandas galegas. Durante as semifinais do concurso entra en acción o batería Luis Casanova para substituír a X. L. Saqués. Co premio autofinancian a gravación do seu primeiro disco Handle With Care, que en 2002 se editaría por medio de Astro Discos. Unha vez en Astro, Holywater comeza a xirar por salas de toda España (2002 e 2003) e incluso abren a actuación de grupos internacionais como Suede, The Posies ou Hooverphonic. Ricardo Rodríguez (voz) desprazouse ata a Holanda en 2003 para realizar unha minixira de dez concertos acústicos. En 2004 sae á luz Sides (Astro Discos), gravado por Paco Loco en El Puerto de Santa María (Cádiz), unha gravación en directo onde o son conseguido representa moi ben o que a banda estaba a facer nos seus concertos. RNE Radio3 (difusión estatal) farase eco deste disco en varios dos seus programas durante varias semanas seguidas, conseguindo moi boas críticas. Con Sides volven a Holanda, esta vez ao completo, e cunha promoción previa importante, para facer outra minixira de dez concertos seguidos, conseguindo que bastantes medios musicais (sobre todo na rede) fixaran a súa atención neles. No verán de 2007, despois dun parón de máis dun ano e medio, Holywater grava o seu terceiro disco.

domingo, 13 de diciembre de 2009

ATAQUE ESCAMPE ACTUA O VENRES 18 NO PUB O MUIÑO DE CERVO


O VINDEIRO VENRES 18 DE DECEMBRO ACTUARÁ NO PUB O MUIÑO DE CERVO O GRUPO SANTIAGUÉS "ATAQUE ESCAMPE"
As Ataque Escampe gostamos de nos definir como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela ofrecemos unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, estendendo estraños tentáculos que rozasen, por exemplo, a Xil Ríos. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros, dende o bolero ao punk, pasando polo valse, o tango, a canción popular galega, o pop electrónico, o country ou a rumba. O funcionamento como grupo sen destacar autorías, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a nosa filosofía: o "do it yourself" máis brutal, poético e desvergonzado que poida caber nun formato maioritariamente acústico.
Este grupo ten o seguinte historial:Xullo 2006: 1º premio Utopía Son(Vigo). Xaneiro-decembro 2007: Participación na Rede Galega de Música ao Vivo do IGAEM, categoría A. Xaneiro 2007: Edición do cd Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (A Regueifa Plataforma) baixo licenza Creative Commons. Febreiro-xullo 2007: Emisión de temas do cd en diversos programas da Radio Galega: Aberto por reformas, Extrarradio, Radio Oceánica, Diario Cultural etc. Maio- Xuño 2007: Participación no concerto Saudade de ti, de homenaxe a Andrés Dobarro (TVG), e no disco Manifesto Dobarrista (Falcatruada-A Regueifa) co tema Pra che falar de amor. Participación. Xuño-xullo 2007: Emisión dese tema nos programas antes citados e noutros espazos: Miraxes (TVG), Siglo XXI (RNE-3), etc. Outubro 2007: 1º premio GZ-Crea na sección de música. Decembro 2007: 4º mellor disco do ano segundo os lectores da revista Sono-tone. Xaneiro-decembro 2008: Participación na II Rede Galega de Música ao Vivo do IGAEM. Marzo 2008: edición do cd Galicia es una mierda (A Regueifa Discos). Xira Bela Lugosi: marzo-decembro 2007. Xira A invención da pólvora: marzo-decembro 2008. Xaneiro 2009: Galicia es una mierda quinto mellor disco galego do ano para os lectores de Xornal de Galicia.
Este concerto entra dentro da programación de Pub o Muiño coa rede de Música ao Vivo do AGADIC .